Saturday 04 de May de 2024

O Concello programa para este sábado a festa de ‘ Mega Aniversario’ prometida aos máis pequenos durante a pandemia


• O evento celebrarase desde as 16 ás 20:30 horas na zona da casa do concello e o paseo marítimo

• Habilitarase un bus, que pasará por todas as parroquias, para que todas as persoas que o desexen poidan asistir.

O Concello de Cariño, en colaboración co ANPA A Basteira, celebrará este sábado, 4 de xuño, entre as 16 e as 20:30 horas, na zona da casa do concello e o paseo marítimo, a festa de ‘ Mega Aniversario’, un compromiso adquirido en abril do ano 2020, nos momentos máis duros da pandemia, como compensación a todos aqueles nenos e nenas que non puideron celebrar os seus aniversarios durante aquela época.

No evento habilitarase unha zona para que xoguen os nenos e nenas de 0 a 3 anos e, doutra banda, haberá inchables, diferentes talleres, camas elásticas, karaoke, karts, festa da auga, festa holi e outras moitas sorpresas.

Ademais, o Concello habilitará un servizo de autobús que saldará sobre as 15:30 horas de Landoi e pasará por todas as parroquias para que todas as persoas que o desexen poidan asistir. Rógase aos e as participantes que acudan sempre cunha persoa adulta e que, para obter unha previsión de asistencia, cubran o seguinte formulario: https:// forms. gle/ dV9 doJ8 dNdW9 CDGT6.